avanzar

avanzar

(< lat *abantiāre)

  1. v i

    Ir cara a adiante.

    Ex: Co vento o lume avanzou rapidamente. O exército avanza máis rápido polo flanco dereito.

    Antónimos: recuar, retroceder. Confrontacións: adiantar.
  2. v i

    Experimentar desenvolvemento ou mellora unha acción, condición ou estado.

    Ex: En informática avanzouse moi rápido nestes últimos anos. O seu estado empeorou porque a enfermidade avanzou moito estes días.

    Sinónimos: adiantar, avantar, progresar. Antónimos: retroceder. Confrontacións: prosperar.
  3. v t

    Mover ou colocar unha cousa máis adiante.

    Ex: Avanzou o alfil branco no taboleiro de xadrez.

    Sinónimos: adiantar.
  4. v t

    Facer o anuncio de algo que se vai expoñer exhaustivamente máis tarde.

    Ex: Ás seis da tarde avanzaron os primeiros resultados das eleccións.

    Confrontacións: anticipar.

Palabras veciñas

avanzada | avanzado -da | avanzador -ra | avanzar | Avarenta | avarento -ta | avaría
Conxugar
VERBO avanzar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avanzo
avanzas
avanza
avanzamos
avanzades
avanzan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avanzaba
avanzabas
avanzaba
avanzabamos
avanzabades
avanzaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avancei
avanzaches
avanzou
avanzamos
avanzastes
avanzaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avanzara
avanzaras
avanzara
avanzaramos
avanzarades
avanzaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avanzarei
avanzarás
avanzará
avanzaremos
avanzaredes
avanzarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avanzaría
avanzarías
avanzaría
avanzariamos
avanzariades
avanzarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avance
avances
avance
avancemos
avancedes
avancen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avanzase
avanzases
avanzase
avanzasemos
avanzasedes
avanzasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avanzar
avanzares
avanzar
avanzarmos
avanzardes
avanzaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
avanza
-
-
avanzade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avanzar
avanzares
avanzar
avanzarmos
avanzardes
avanzaren
Xerundio avanzando
Participio avanzado
avanzada
avanzados
avanzadas