Avaris

Avaris

Cidade do Exipto faraónico situada, probablemente, na zona NL do delta do Nilo. Os hicsos fixeron dela a súa capital permanecendo alí uns cento cincuenta anos, ata que foi tomada polo Faraón Amosis (1567? a C). A partir de entón, Avaris desapareceu das fontes, aínda que nalgúns casos se identifica, como algúns investigadores defenden, con Tanis a moderna ( Palatino; Ṣ ān al-Hağar) ou con Qantir- Hattana; para outros estudiosos sería a residencia de Pi-Ramsés.