2 ávaro -ra
2 ávaro -ra
-
adx
Relativo ou pertencente aos ávaros ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo dun pobo do Cáucaso (unhas 400.000 persoas) que vive na súa maior parte no Daguestán e tamén ao NL do Acerbaixán.
-
s
m
[LING]
Lingua da familia caucásica falada polos ávaros. É unha das linguas francas do Daguestán. Escrita inicialmente en caracteres árabes modificados, despois da Revolución Rusa pasou a escribirse en caracteres latinos modificados; actualmente faise en caracteres cirílicos.