avefría
(< ave + fría)
-
s
f
[ANIMAL/ORNIT]
Denominación común que reciben as aves do xénero Vanellus, da familia dos carádridos, que presentan curupela. Son aves de talle cercano aos 30 cm, ás arredondadas, patas non moi longas e peteiros fortes. Atópanse amplamente distribuídas por todo o mundo, excepto a rexión ártica e América do Norte. Moitas especies son sedentarias e tropicais, pero a maioría son migratorias. O seu voo é lento e pesado, aínda que ás veces pode ser acrobático.
-
avefría esporada
[ANIMAL/ORNIT]
Avefría duns 28 cm de lonxitude, coa parte superior castaña, a cabeza e o pescozo brancos e negros, e a gorxa e a parte inferior do corpo negra. Presenta un esporón no vértice flexor das ás, rara vez visible.Vive no val do Nilo e no oeste de Asia, e aparece como divagante no sur e centro de Europa.
-
avefría europea
[ANIMAL/ORNIT]
Avefría de 31 cm de lonxitude que presenta a parte superior verde iridiscente, o peito negro e a parte inferior branca. Ten a punta das ás branca e de preto pódense ver na cola unhas plumas de cor alaranxada. Cría en espacios abertos de vexetación baixa, como campos agrícolas, prados e humidais. De distribución paleártica, as do norte son migradoras, e nos invernos duros poden chegar á Península Ibérica en gran número. As poboacións sedentarias da Península Ibérica preséntanse maioritariamente en Castela e Andalucía. En Galicia existe unha pequena poboación sedentaria que cría en campos da chaira da Limia e nos humidiais de Cospeito; pero son máis numerosas as invernantes que se distribúen principalmente polo litoral.