avelaiona
-
s
f
[ANIMAL/ORNIT]
Aves nocturnas e depredadoras do xénero Strix pertencentes á familia dos estríxidos. Son de tamaño medio ou grande e carecen de plumas dispostas en forma de orellas, como as que presentan os bufos. As voces que producen lembran ouveos ou laios, característica que se reflicte no seu nome popular.
Confrontacións: curuxa. -
avelaiona común
[ANIMAL/ORNIT]
Ave robusta duns 38 cm de lonxitude, cunha plumaxe uniforme con pintas e marxas castañas sobre unha base que varía de arroibada a grisalla. Ten uns grandes ollos negros. Aliméntase principalmente de micromamíferos e especialmente de rilladores de pequeno tamaño. Aniña en buracos das árbores en todo tipo de bosque maduro -carballeiras ou soutos- e parques, mesmo nas grandes cidades. Presenta dous núcleos de poboación na rexión paleártica, un europeo e outro chines-himalaico. Ocupa toda a Península Ibérica e en Galicia é común.
-
avelaiona lapona
[ANIMAL/ORNIT]
Ave duns 68 cm de lonxitude, cunha plumaxe gris escura e con discos faciais de numerosas bandas concéntricas. Ten ollos pequenos e amarelos. Vive nos bosques de coníferas do norte de Europa.
-
avelaiona uralense
[ANIMAL/ORNIT]
Ave duns 60 cm de lonxitude, de cola longa e plumaxe castaña e riscada. Os ollos son pequenos e negros, e os discos faciais están libres de liñas. Está presente na metade oriental europea.