aveludado -da

aveludado -da

(< veludo)

  1. adx

    Cuberto ou revestido de veludo.

    Ex: O estoxo das lentes é aveludado.

  2. adx

    Que ten aspecto semellante ao veludo, de finura e suavidade comparables ás do veludo.

    Ex: É un abrigo cunha textura aveludada.

  3. adx [ALIM]

    Que é un viño suave, de agradable tacto e equilibrado, calidades que adquire o viño nobre coa crianza.

Palabras veciñas

Avellino | Avellino | avelloar | aveludado -da | avemaría | Avempace | Avena