avemaría

avemaría

(

  1. s f [RELIX]

    Oración á Virxe María que comeza en latín coas palabras Ave Maria. A primeira parte da oración, feita con dúas frases do Evanxeo de San Lucas, difundiuse a partir do s XI, e no s XVI engadíuselle unha deprecación (Santa Maria). Pío V incluíuna no Breviario Romano no 1568. Como antífona do repertorio musical gregoriano, ambrosiano e hispánico, foi utilizada, sobre o texto bíblico en latín, como cantus firmus en motetes e en misas polifónicas (ss XIV, XV e XVI). Nos laudes italianos do s XV fixouse o texto actual, así como nas composicións de Josquin Des Prés ou Tomás Luís de Vic22toria. O texto foi musicado frecuentemente por diferentes compositores románticos e modernos (Gounod, Schubert, Mendelssohn, Verdi, Brahms, Fauré, Stravinski, etc). A famosa Ave María de Gounod foi primeiro unha Meditación deste autor sobre o primeiro preludio do Clavicémbalo ben templado de J. S. Bach, na que se aplicaron as palabras desta pregaria.

  2. s f

    Tanxemento de nove badaladas, distribuídas de tres en tres, que se fai ao abrente, ao mediodía e no solpor, para invitar a recitar o ánxelus.

Frases feitas

  • No tempo de dicir unha avemaría. Nun espazo de tempo moi curto.

Palabras veciñas

Avellino | avelloar | aveludado -da | avemaría | Avempace | Avena | Avenarius, Ferdinand