Aventis

Aventis

Empresa química e farmacéutica, líder mundial en ciencias da vida, fundada o 1 de decembro de 1998 a raíz do proceso de fusión iniciado nese mesmo día entre a francesa Rhône-Poulenc e a alemá Hoechst; o 15 de decembro do 1999 rematou o proceso de integración empresarial. As súas actividades oriéntanse cara ao sector farmacéutico e o da alimentación. Os seus produtos fundamentais son medicamentos, vacinas e proteínas terapéuticas, así como os orientados á nutrición animal e protección e coidado dos cultivos. A sede da nova empresa está situada en Estrasburgo, aínda que mantén dúas sedes sectoriais en Lyon e Frankfurt; así mesmo, está presente en máis de 150 países.

Palabras veciñas

2 aventar | Aventino | Aventinus, Johannes | Aventis | Avento, Teatro | avéntoa | aventura