Avento, Teatro

Avento, Teatro

Compañía de teatro afeccionado que iniciou a súa andaina en 1985. Na súa primeira etapa presentou un conxunto de espectáculos dirixidos por Armando González Freiría, entre os que destaca O menciñeiro á forza (1985), a partir do texto homónimo de Molière; Sueños de espuma (1986), segundo un texto do propio A. G. Freiría; Historia dun cabalo (1997), con textos de Tolstoi, e Imos botar, imos K Gar (1988), sobre textos do colectivo. En 1990 Ánxeles Alfaya dirixiu Para ti, Shakespeare, tomando como fonte un libreto para cine de Ronald Harwood. Desde 1991, ano en que Xoán Abreu asumiu a dirección escénica, a compañía produciu tres novos espectáculos: Rin, Rin (1992), gañador do I Certame de Teatro Xoven Lugo 93, Quen matou a Mari Lauri? (1996), primeiro premio no II Certame de Teatro “Ciudad de Reinosa 97”, Cantabria, sobre textos do propio Abreu, e Papá e mamá están ben, a partir dun texto de Carmine Amoroso. En 1999 representaron O porco de Raymond Cousse, dirixida por Ánxeles Alfaya e Arañeiras de Eduardo Pavlovsky, dirixida por José Antonio Serpa e codirixida por Eva Vila.

Palabras veciñas

Aventino | Aventinus, Johannes | Aventis | Avento, Teatro | avéntoa | aventura | aventurado -da