Averlino, Antonio

Averlino, Antonio

Escultor, arquitecto e teórico da arte que adoptou o pseudónimo de Filarete. En Florencia traballou na realización das portas do Baptisterio. No Vaticano fixo as portas de bronce de San Pedro (1433-1435), e en Milán (1451) proxectou o Castello Sforzesco e o Ospedale Maggiore. Publicou un libro titulado Trattato d´Architettura (Tratado de Arquitectura).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Florencia

  • Deceso

    Lugar : Roma