Avia Ilustrado, El
Avia Ilustrado, El
Semanario ilustrado, editado en Ribadavia o 5 de setembro de 1897, que cesou probablemente o 13 de febreiro de 1900, no número 190. Subtitulado como “Revista semanal”, foi fundado por Máximo Rodríguez e dirixido por Máximo Tomé. Colaboraron Salvador Rueda, Sofía Casanova e Rafael Abellán, entre outros. Como seccións figuraban: “Ecos noticieros”, “Ecos del mundo”, “Historieta” e “Modas”. Incluía fotografías e debuxos sobre paisaxes e obras de arte, amais dunha sección de humor e información cultural.