Ávila, María de
Ávila, María de
Bailarina e profesora de danza. Iniciou a súa carreira profesional no corpo de baile do Liceo, e ascendeu a primeira bailarina en 1939. Foi nomeada profesora do Instituto de Teatro da Deputación de Barcelona e en 1954 abriu un estudo de danza clásica en Zaragoza para dedicarse plenamente ao ensino. En 1982 fundou e dirixiu o Ballet Clásico de Zaragoza. Entre 1983-1987 foi directora do Ballet Nacional de España. En 1989 creou o Joven Ballet de María de Ávila, e ese mesmo ano o Ministerio de Cultura concedeulle a medalla de ouro das Belas Artes.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Barcelona