Avildsen, John G.

Avildsen, John G.

Realizador cinematográfico norteamericano. Traballou como asistente de dirección, director de fotografía e produtor asociado. No seu cine obsérvase un intento por profundizar na realidade social americana, tal é o caso de Joe (1970), acompañado doutro estilo no que acción é calidade básica, con títulos tan coñecidos como Karate Kid (O neno karateka, 1984) e Rocky (1976), filme co que gañou un Oscar e a súa consagración como realizador. Dirixiu tamén Turn on to love (Cambio no amor, 1967), Neighbours (Veciños, 1982), Power of one (O poder do un, 1992) e Eight seconds (Oito segundos, 1994).

Cronología

  • Nacemento