Avinyó, Combate de
Avinyó, Combate de
Acción de armas da Segunda Guerra carlista acontecida preto de Avinyó (16.11.1848). Nela o xeneral carlista Rafael Tristany derrotou o brigadier isabelino Manzano, que foi feito prisioneiro xunto con 700 homes das súas forzas. O xeneral Tristany foi recompensado co condado de Avinyó.