avío

avío

(

  1. s m

    Acción e efecto de aviar ou aviarse.

  2. s m

    Aquilo ao que se dedica unha actividade.

    Sinónimos: negocio, ocupación.
  3. s m

    Acto de arranxar, de facer que funcione o que estaba estragado.

    Sinónimos: amaño, arranxo, remedio, amaño.
  4. s m pl

    Conxunto de cousas necesarias para levar a cabo un labor.

Frases feitas

  • Cada quen fai o seu avío. Estar cada un ao que lle interesa.

  • Dar avío a unha obra. Facer que avance.

  • Facer avío/mal avío. Servir ou non servir para un labor determinado.

  • Non ter avío. Non ter na casa con que alimentarse.

Palabras veciñas

Avinyó, Combate de | avinza | avinzar | avío | avión | Avión | Avión