avobriguense

avobriguense

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Avóbriga ou aos seus habitantes.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo avobriguense.

  3. s m [ETN/HIST]

    Pobo (populus) prerromano da Gallaecia, no Convento Bracarense. Non está moi clara a localización precisa deste pobo. Hai autores que o localizan na ribeira norte da desembocadura do Miño, aínda que debido á súa inclusión na columna de Chaves (Padrão dos Povos) en honra do Emperador Vespasiano (69-79 d C), debe suporse unha certa proximidade a esta localidade, posiblemente no val do Támega, na comarca de Verín. Existen certas discrepancias entre os autores que se ocuparon do estudo dos populi, por iso en ocasións aparece mencionado como aobriguense; sen embargo, os traballos realizados por Tranoy fixaron o nome de avobriguense para o pobo e Avóbriga para o núcleo de poboación.

Palabras veciñas

Avnet, Jon | avó -a | Avóbriga | avobriguense | avoceta | avoengo | avogacía