avoceta

avoceta

(

Nome científico: [Recurvirostraavosetta, Fam dos carádridos]
s f [ANIMAL/ORNIT]

Ave duns 40 cm de lonxitude, de plumaxe case completamente branca, coa cabeza e a parte posterior do pescozo negras e con bandas tamén negras no dorso e nas ás. Ten o bico negro e curvado cara a arriba, e as patas longas e de cor azul grisalla. É unha especie típica das praias lamacentas e descubertas, dos esteiros e dos bancos de area costeiros. De distribución paleártica, cría fundamentalmente nas costas do Mar do Norte e sudoeste de Europa. Aniña na Península Ibérica en salinas do litoral mediterráneo e do Guadalquivir e, en menor número, en lagoas salobres do interior. En Galicia é unha ave escasa, que se encontra de paso.

Palabras veciñas

avó -a | Avóbriga | avobriguense | avoceta | avoengo | avogacía | avogademes