axente
(< lat agens -ntis ‘o que fai’)
-
adx
Que desenvolve unha acción.
Ex: O suxeito axente do crime conseguiu escapar sen deixar rastro.
-
s
m
Poder ou causa activa que produce un efecto ou un fenómeno determinado.
Ex: Debemos ter coidado con estes axentes químicos que poden provocar grandes catástrofes.
-
s
Persoa que ten a misión de obrar en representación de alguén.
Ex: A empresa mandou os seus axentes comerciais polas casa para vender mellor o produto.
-
s
m
[DER]
Aquel que executa actos que poden producir ou producen efectos xurídicos.
-
s
m
[DER]
Autor dunha acción cualificada legalmente como delito ou como falta.
-
[INFORM]
-
s
m
Parte do sistema que facilita o intercambio de información nos modelos de rede cliente-servidor.
-
axente de busca
Aplicación informática que localiza datos nunha rede tras recibir instrucións delimitando o tipo de información que debe encontrar, e organizando a continuación os resultados seguindo unhas categorías preestablecidas.
-
s
m
-
s
m
[LING]
-
Aquel ou aquilo que realiza a acción expresada polo verbo, a diferenza do paciente, que sofre a acción en vez de realizala.
Ex: Luís le un libro, onde Luís é o axente.
-
Complemento do verbo en voz pasiva, introducido xeralmente pola preposición por, que expresa a cousa ou persoa que realiza a acción. Nestas construcións sintácticas o suxeito aparece como paciente da acción verbal. OBS: En galego, este tipo de construcións son pouco comúns na lingua literaria e moito menos no rexistro coloquial, pois o galego prefire presentar o suxeito como axente da acción verbal e non como paciente.
Ex: A folla do libro foi rachada polo neno (construción pasiva onde neno ~complemento do verbo- é o axente) fronte a O neno rachou a folla do libro (construción activa, onde neno -suxeito- é o axente).
-
-
s
m
[LIT]
Na tipoloxía de papeis actanciais proposta por Greimas (Sémiotique textuelle et narrative, 1973), o axente é o papel actancial desempeñado polos personaxes que cumpren determinados procesos ou accións e que se opón ao papel de paciente. O axente pode asumir diversos roles, segundo interfira na sorte do paciente: influenciador, protector, degradador, etc. Equivale á categoría de suxeito.
-
axente antiinfeccioso
[BIOQ]
Substancia química natural ou de síntese que evita o desenvolvemento ou que é quen de eliminar os microorganismos patóxenos específicos dun proceso infeccioso. Os compostos que actúan principalmente contra as bacterias son os axentes antiinfecciosos máis utilizados.
-
axente causante
[PAT]
Microorganismo responsable dunha enfermidade ou afección.
-
axente comercial
[DER]
Persoa que pola súa profesión fai de intermediario en operacións comerciais de compra-venda de mercadorías.
-
axente consular
[DER]
Axente que, sen pertencer ao corpo de funcionarios dun estado, exerce determinadas actividades consulares limitadas nunha cidade ou nun porto estranxeiro, por conta dese estado e baixo a autoridade do seu cónsul.
-
axente da autoridade
[DER]
Nome xenérico que designa a aquel que, por disposición legal ou dunha autoridade, ten que manter a orde pública, a seguridade das persoas e das cousas, e tamén executar mandados, obrando sempre por encargo ou por delegación superior.
-
axente da orde pública
[DER]
Membro dun corpo de policía administrativa encargado da seguridade e da orde pública.
-
axente da policía urbana
Membro da policía municipal.
-
axente da propiedade inmobiliaria
[ECON]
Profesional que intervén, por conta doutro, en operacións de compra-venda, préstamo ou hipoteca de terreos urbanos ou rústicos, traspasos de locais comerciais, valoracións, etc.
-
axente de aduanas
[ECON]
Intermediario entre a administración de aduanas e os particulares; intervén nas operacións de despacho das mercadorías, ben como representante autorizado dos consignatarios, ben como receptor destas.
-
axente de cambio e bolsa
[ECON]
Antigamente, profesional de carácter oficial que actuaba como mediador e con exclusividade nas transmisións de títulos-valores cotizables na bolsa de comercio e exercía a fe pública nas operacións de índole mercantil. As súas funcións foron asumidas polas axencias de valores.
-
axente de negocios
Persoa que se dedica, profesionalmente, a administrar os bens ou a xestionar os negocios doutro.
-
axente de seguros
[DER]
Profesional que se dedica á promoción, á mediación e ao asesoramento preparatorio da formalización de contratos de seguros e reseguros entre persoas físicas ou xurídicas, e entidades aseguradoras ou destas entre elas.
-
axente de seguros marítimos
[DER]
Asesor dos armadores en relación coa contratación de pólizas con empresas aseguradoras.
-
axente de turismo/axente turístico
-
Mediador entre a axencia de viaxes e o usuario.
-
Persoa que traballa para a promoción de viaxes.
-
Profesional do turismo que, traballando en certos organismos públicos, ten o cometido de recoñecer, detectar e investigar nunha área determinada os recursos e as posibilidades turísticas, catalogalos, definir a demanda, as características e as necesidades, analizar proxectos e o seu impacto, e levar a cabo planos de comercialización de produtos, rutas, itinerarios e monumentos.
-
-
axente diplomático
[DER]
-
Persoa, cabeza da misión ou membro desta, acreditada con carácter diplomático diante do estado receptor, que figura na lista diplomática e que está aforado baixo o estatuto diplomático.
-
Persoa que un estado envía como representante seu en misión especial para tomar parte nunha negociación, nun congreso ou nunha conferencia internacional.
-
-
axente dobre
[POLÍT/BÉL]
Axente secreto ao servizo de dous gobernos rivais, que pasa información manipulada a un dos dous países para conseguir as informacións verdadeiramente interesantes para o outro país.
-
axente executivo
[DER]
Funcionario encargado de esixir o pago dos tributos non satisfeitos voluntariamente polos contribuíntes nos termos establecidos legalmente.
-
axente literario
[EMPR/LIT]
Representante dun escritor -ou de varios-, en nome do que actúa en todo aquilo que ten que ver coa contratación das súas obras polos editores e, en xeral, coa explotación da súa produción literaria, a cambio dunha comisión sobre os dereitos do autor.
-
axente marítimo
[DER]
Persoa natural ou xurídica que executa actos xurídicos relacionados co tráfico marítimo.
-
axente medicinal
[MED]
Todo aquilo que ten acción terapéutica.
-
axente naval
[MAR]
Colaborador do armador en toda clase de operacións mercantís. Pode ser terrestre (consignatario) ou marítimo (capitán de barco); oficial (corredor marítimo) ou privado.
-
axente oficial da propiedade industrial
[DER]
Encargado de xestionar a presentación e a tramitación de expedientes no rexistro da propiedade industrial. Amais diso, traballa como asesor técnico ou xurídico (redacción de memorias, execución de debuxos, etc).
-
axente secreto
-
[POLÍT/BÉL]
Persoa que realiza misións de espionaxe e de contraespionaxe, que pertence a unha organización gobernamental especializada ou ben que colabora coa policía secreta, dentro do propio país ou no estranxeiro. Está preparado en certas técnicas de información (criptografía, fotografía, aparellos de comunicación) e nos datos relativos ao país no que ten que actuar. Eses coñecementos son os que o distinguen do simple espía.
-
[LIT]
Personaxe de ficción creado a partir da situación que ocasionou a Guerra Fría e que orixinou a aparición e difusión de toda unha novelística baseada nas aventuras ao redor da espionaxe. O exemplo máis representativo é James Bond, personaxe creado por Ian Fleming.
-
[POLÍT/BÉL]
-
axente xudicial
[DER]
Funcionario subalterno que coopera coa administración exercendo, nos tribunais e nos xulgados, funcións principalmente de execución.