axitador -ra

axitador -ra

(< axitar)

  1. adx

    Que axita ou serve para axitar.

    Ex: No laboratorio usamos uns aparatos axitadores para mesturar as substancias.

  2. adx e s

    Persoa que fomenta a subversión política, sindical, etc.

    Ex: Os estudiantes axitadores porvocarán a revolta. A policía detivo os axitadores que encabezaban a manifestación.

  3. s m [TECNOL]

    Aparello destinado a axitar ou remover líquidos, suspensións e fluídos máis ou menos pastosos. Son moi usados na industria química para homoxeneizar ou disolver produtos, manter suspensións, producir emulsións e, en xeral, para facilitar calquera operación de transferencia de calor ou de materia (absorcións, disorcións, extraccións, etc). Os axitadores industriais constan dun motor, dun eixe, dun removedor (axitador propiamente dito) e dun recipiente. Os axitadores poden ser lentos (velocidade periférica inferior a 5 m/s) ou rápidos (velocidade periférica superior a 6 m/s).

Palabras veciñas

axitable | axitación | axitado -da | axitador -ra | axitanado -da | axitanar | axitar