axitar

axitar

(< lat agitare)

  1. v t

    Mover unha cousa dun lado a outro con certa forza.

    Ex: O taberneiro axitou a botella para comprobar se quedaba algo no fondo.

    Sinónimos: abalar, abanar, abanear, bambear, balancear.
  2. v t

    Provocar inquietude ou desacougo en alguén.

    Ex: O líder sindical axitou a opinión pública co seu discurso.

    Sinónimos: desacougar, desasosegar, excitar, inquietar. Antónimos: aquietar, calmar.
  3. v pron

    Moverse unha cousa dun lado a outro con certa forza.

    Ex: As augas do lago axitábanse coa brisa da mañá.

  4. v pron

    Alborotarse ou intranquilizarse por algo que causa indignación ou desacougo.

    Ex: Os traballadores axitáronse ante o anuncio da baixa salarial.

  5. v t [QUÍM]

    Suscitar movementos de intensidade diversa nunha materia fluída con diversas finalidades, como, por exemplo, a transferencia de materias en sistemas heteroxéneos, a mestura de líquidos, a formación de emulsións, a transferencia de calor, etc.

Palabras veciñas

axitador -ra | axitanado -da | axitanar | axitar | axitofasia | axitografía | axitolalia
Conxugar
VERBO axitar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axito
axitas
axita
axitamos
axitades
axitan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axitaba
axitabas
axitaba
axitabamos
axitabades
axitaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axitei
axitaches
axitou
axitamos
axitastes
axitaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axitara
axitaras
axitara
axitaramos
axitarades
axitaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axitarei
axitarás
axitará
axitaremos
axitaredes
axitarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axitaría
axitarías
axitaría
axitariamos
axitariades
axitarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axite
axites
axite
axitemos
axitedes
axiten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axitase
axitases
axitase
axitasemos
axitasedes
axitasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axitar
axitares
axitar
axitarmos
axitardes
axitaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
axita
-
-
axitade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axitar
axitares
axitar
axitarmos
axitardes
axitaren
Xerundio axitando
Participio axitado
axitada
axitados
axitadas