Axóuxere

Axóuxere
[PUBLIC]

Suplemento educativo semanal en galego editado o 13 de xullo de 1974 e incluído dentro do xornal ourensán La Región. Subtitulado “Semanario do neno galego”, deixou de publicarse o 18 de xaneiro de 1975, no número 28. Ideado por Paco Martín e polos debuxantes Ulises L. Sarry e Xan Balboa, contou coas colaboracións de Xesús Alonso Montero coa sección pedagóxica “Escola de lingua galega” e Xosé Neira Vilas cos poemas de “Cantarola dos nenos”. Contiña tamén as seccións “Cartafol”, “Lamote” -viñeta de banda deseñada de Balboa-, “Xentes e cousas”, “Fraga viva” con informacións da fauna galega, “Comandante Iago” -cómic de Sarry-, “Verbas encrucilladas”, xeroglíficos e “As miñas argalladas”, na que se falaba de xogos e inventos para nenos. No 25 cabodano de Castelao editouse un número especial.

Palabras veciñas

axoulado -da | axoular | axóuxere | Axóuxere | Axquelón | axuaga | axuda