Axquelón
Axquelón
ou Ascalón Antiga cidade de Palestina situada na costa mediterránea, unha das que compoñen a pentápole filistea. Pertenceu aos cananeos cando foi conquistada polos filisteos (s XII a C). Segundo a Biblia (Libro dos Xuíces), foi adxudicada á tribo de Xudá e foi escenario da xesta de Sansón. Tivo unha grande importancia comercial ao longo dos períodos helenístico, asmoneo, romano e bizantino. No 1949, Israel fundou sobre a súa localización a cidade de Ashquelón.