Axum

Axum

Localidade da provincia de Tigre, Etiopia (17.753 h [1984]). Principal centro relixioso do país, especialmente da Igrexa Unida Ortodoxa Etíope (igrexa de Hedar Sion). A mediados do s IV, o territorio de Axum converteuse en reino cristián e ligouse política e relixiosamente ao Exipto bizantino. Da época de esplendor -que coincidiu coa dinastía salomónida, no s VII-, queda un conxunto de estelas colosais de pedra preto da cidade actual, que fan dela un senlleiro centro turístico.