axuntamento

axuntamento

(

  1. s m

    Acción e efecto de axuntar ou axuntarse. OBS: En galego é incorrecto utilizar a palabra axuntamento co significado de ‘institución’, ‘entidade de poboación’ ou ‘edificio desa institución municipal’. Nestes casos débese utilizar concello e casa do concello.

    Ex: Con tanto axuntamento de xente non vexo nada.

    Sinónimos: reunión.
  2. s m

    Reunión ou asemblea de diferentes persoas.

    Ex: No axuntamento dos veciños discutíronse cousas moi importantes.

  3. s m

    Cópula carnal.

Palabras veciñas

Axum | axumita | axuntado -da | axuntamento | Axuntamentos de Galicia | axuntar | axustable