Ayuso

Ayuso
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe orixinaria de Oviedo que se espallou por Galicia. As súas armas levan escudo partido: a primeira partición, de ouro, cun león rampante da súa cor natural, superado dun luceiro de oito puntas de azul; a segunda partición, de goles, cun castelo de ouro aclarado de azul e, saíndo da torre de homenaxe, un brazo armado de prata cun báculo de pastor de ouro, na man; bordo de goles, con oito aspas de ouro. O timbre leva o lema: “Antes de Pelayo tuvieron uso las armas de Ayuso”.