Ayutthaya
Ayutthaya
Capital do changwat de Phra Nakhon Si Ayutthaya, na rexión central de Tailandia, á beira dun dos brazos do río Mae Nam Chao Phraya (57.327 h [1993]). Antiga capital do Reino de Siam, foi fundada cara ao 1350 polo príncipe Rāmadhipati co nome de Dvāravatī Šri Ayodhyā.