Azpeitia

Azpeitia

Municipio do territorio de Gipuzkoa, Euskadi, drenado polo Urola e o Regil (13.536 h [1996]). Azpeitia é sede de feiras e mercado gandeiro. As actividades industriais céntranse na fabricación de mobles e na metalurxia. Cerca da vila está o santuario de Loiola.