Azuaga
Azuaga
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado no límite suroccidental da provincia (9.274 h [1996]). Pertencente á comarca de La Campiña de Llerena. Centro agrícola e gandeiro, destacan os tradicionais rabaños ovinos. Hai industrias do moble e de bebidas. Ten un castelo de orixe árabe. A lenda asegura que no seu asentamento estaba o campamento romano no que foi entregada a cabeza de Viriato a Escipión, quen no acto pronunciara a célebre frase: “Roma non paga a traidores” dirixida aos asesinos do xefe lusitano.