Azuela, Mariano
Escritor. Publicou crítica literaria e pezas dramáticas, pero foi coñecido polas súas novelas, das que destacan María Luisa (1907), Los fracasados (1908), Mala Yerba (1909), onde xa se rexistran os trazos que caracterizan a súa obra (a sátira social, o realismo cru na expresión e unha construción clásica da novela). Con Andrés Pérez maderista (1911) iníciase o ciclo sobre a revolución mexicana onde se rexistra o desencanto do autor polos logros do movemento. A súa novela de máis sona é Los de abajo (1916), Premio Nacional de Literatura, na que mediante unha técnica concisa dá a súa visión da revolución mexicana. A esta obra seguíronlle Los caciques (1917), Las moscas (1917) e os relatos agrupados en Domitilo quiere ser diputado (1918), La Malhora (1923), El desquite (1925), La luciérnaga (1932), Pedro Moreno, el insurgente (1934), Avanzada (1940), Nueva burguesía (1941), La mujer domada (1946), Sendas perdidas (1949) e mesmo as publicadas postumamente: La maldición (1955) e Esa sangre (1956).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lagos de Moreno, Jalisco -
Deceso
Lugar : México