azulenta
-
Ave insectívora de 14,5 cm de lonxitude coa cara, a gorxa e o peito de cor cinsenta, a parte superior castaña riscada de negro e a inferior gris escura. É unha especie fuxidía, típica do estrato arbustivo asociado a espacios abertos, que procura o alimento principalmente no chan. Distribuída por Europa e Oriente Próximo, dentro da Península Ibérica cría na metade norte. En Galicia, á abundante poboación sedentaria súmaselle en inverno un importante número de individuos procedentes do norte de Europa.
-
azulenta papuda
[ANIMAL/ORNIT]
Azulenta de 17,5 cm de lonxitude, coa gorxa branca e salferida de negro, cos flancos riscados de castaño. Vive en ambientes rochosos e afloramentos pétreos, e fai o niño en gretas e furnas das pedras. De distribución discontinua e circunscrita aos niveis montanos do sur do paleártico, na Península Ibérica está presente nos Pireneos, nos Picos de Europa, no Sistema Central e en Serra Nevada. En Galicia, moi escasa, aniña nos cumios das serras orientais e no inverno aparece en pedregais de certa altura, mesmo no litoral.