azulexado

azulexado

(< azulexo)

  1. p reg

    de azulexar.

  2. s m [ARTESAN]

    Mosaico de cerámica destinado á decoración dos solos e pavimentos. Utilizáronse por todo o Islam, pero os fabricados en al-Andalus foron os de maior calidade. A ornamentación adoitaba combinar temas estrelados e poligonais. Destacaron os fabricantes durante o reinado de Yusuf I e Muhammad V na Alhambra (s XIV). Entre os mosaicos valencianos de Manises e Paterna cabe destacar os que proceden do pavimento do claustro de Poblet.

Palabras veciñas

azuleno | azulenta | Azules, Los | azulexado | azulexar | azulexo | azulino