Azúmara
Azúmara
Afluente pola esquerda do Miño. Nace na parroquia de Montecubeiro (concello de Castroverde) na confluencia dos regos que baixan das serras de Monciro, ao O, e do Mirador, ao L. Adopta un curso de dirección SSL-NNO e recibe o río Pol na parroquia de Silva (Pol). Pasa pola vila de Castro de Rei e desemboca no Miño na parroquia de Coea (Castro de Rei) logo dun percorrido duns 25 km.