Azuqueca de Henares
Azuqueca de Henares
Municipio da provincia de Guadalajara, Castela-A Mancha, situado ao SO da capital (16.013 h [1996]). Drenado polo Henares, é un centro agrícola, gandeiro (ovino) industrial e de servicios, que experimentou un incremento demográfico na década de 1990 de máis do 45%, debido á expansión residencial da cidade de Madrid.