1 b

1 b

(

  1. s m [ESCR]

    Segunda letra do alfabeto galego, denominada be.

  2. s m [LING]

    Grafía que representa o fonema /b/, son consonántico oclusivo bilabial sonoro, que tamén pode ser representado pola grafía v. En posición inicial absoluta ou tralas neutralizacións de /N/ e /L/, /B/ realízase como oclusivo, do mesmo xeito que /d/ e /g/.

    Ex: beleza [be’le?a], ámbar [‘ãmbar], alba [‘alba]. No resto dos casos, fundamentalmente en posición intervocálica, presenta unha realización fricativa, tamén chamada aproximante. Ex: aba [‘aßa]. En palabras patrimoniais poden aparecer en calquera das diversas posicións, xunto a unha vogal ou formando un grupo consonántico explosivo con /Q/. Ex: balón, branquia. En voces cultas ou préstamos de recente introdución pode formar grupo con /Q/ ou /l/. Ex: breve, blasfemia, blusa. O galego non ten un son labiodental fricativo [v], distinto de [b] e [ß], como posúen o portugués ou o francés actuais, linguas nas que a grafía depende da pronuncia; así escríbese con b cando o son é bilabial (Ex: bala, receber, saber, etc, en portugués; e bête, blanc, boire en francés) e v cando é labiodental (Ex: cavalo, vinho, viver, etc, en portugués; e cheval, vin, vivre, etc, no francés). Pero o galego non presenta esa distinción fonolóxica, por iso se tende á distinción gráfica segundo a etimoloxía (Ex: automóbil, bico, billa, marabilla, ribeira, etc). No galego medieval as representacións ortográficas b e u (consonántica) correspondíanse coas pronuncias [b] e [ß]; b procedente de -P-, -B- e -BB- latinos (Ex: abadía, bocalán, subir), e u procedente de V-, -V-, -B-, -F- e -PH- latinos (Ex: uiño, leuar, caualo). Posteriormente, coa perda desta oposición as grafías b e v representan un fonema único que presenta dúas realizacións [b] e [ß] en distribución complementaria segundo o contexto, bilabial oclusivo en posición inicial ou tras nasal, e fricativo noutras posicións, isto explica que xa nos textos galegos medievais aparezan con frecuencia grafías erradas, b en lugar de v a maioría das veces. Estas confusións aumentan a partir do século XV, pero modernamente eliminouse a distinción gráfica medieval xa que era irrelevante e restaurouse a grafía etimolóxica.

Palabras veciñas

Azzone, Porcio | Aæs, Erik | A’yun, Al- | 1 b | 2 b | B | 1 b