Baamonde García, Antón
Baamonde García, Antón
Profesor de Filosofía e escritor. É autor de O marxismo e as linguaxes (1988), Sobre o tempo e outros desatinos (1990), A Rosa sen porqué (1997) e El Laberinto y sus salidas (1998), nos que analiza diferentes aspectos da realidade dende unha perspectiva filosófica. Así mesmo En favor da esperanza (1987) e Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1990), son textos predominantemente políticos. Redactou os textos para a obra Ex-votos (1994), con fotografía de Tino Martínez. É membro do consello de redacción da revista Luzes de Galiza; ademais, colabora con outras publicacións como Diario de Galicia, Grial ou La Voz de Galicia.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vilalba