Bablet, Denis
Crítico e investigador. Despois dun período de formación con Charles Dullin, orientou a súa actividade ao estudo da creación plástica no teatro. En 1965 publicou a obra Esthétique génerale du décor du théâtre de 1810 à 1914, volume en que non só ofrece unha visión histórica da posta en escena senón que formula importantes propostas de carácter teórico no eido da creación escenográfica. De entre os seus traballos posteriores, cómpre salientar Les révolutions scéniques au XXe siècle (1975), obra en que se analiza a obra de directores significativos, como Adolphe Appia ou Tadeusz Kantor, así como se investiga a función dos diferentes códigos de expresión artística, como a luz, o vídeo ou a pintura na expresión teatral. Moitos dos seus traballos foron publicados nas revistas Théâtre populaire e Travail théâtral.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París -
Falecemento