antiácido -da
(< anti- + ácido)
-
adx
Que actúa contra os ácidos.
-
s
m
[QUÍM/MED]
Fármaco que actúa neutralizando por reacción química a acidez, como o clásico bicarbonato sódico, o citrato e o fosfato sódicos, o carbonato cálcico ou o óxido de magnesio, ou eliminándoa por adsorción, como os silicatos e os hidróxidos de aluminio.
-
adx
[QUÍM/IND]
ernices, pinturas, revestimentos, pavimentos, artigos de cerámica, masilla, etc, resistentes aos ácidos. Os vernices e as pinturas antiácidas están preparadas sobre todo a base de resinas sintéticas e de resinas epoxi, utilizando plastificantes e pigmentos capaces tamén de resistir os ácidos. Para os revestimentos e pavimentos antiácidos utilízanse placas asfálticas ou placas de policloruro de nivel ríxido, e compostos a base de asfaltos ou de resinas epoxi. Unha solución alternativa para os pavimentos é a utilización de lousas de gres ou de materiais cerámicos antiácidos, unidos mediante masillas antiácidas.