antiaéreo -a

antiaéreo -a

(< anti- + aéreo)

  1. adx [BÉL]

    Que se opón á navegación aérea ou aos ataques da aviación.

  2. [BÉL]
    1. adx

      Dise da arma destinada á defensa contra a aviación dende a terra ou dende unha nave. Todas as armas empregadas para ese fin, como canóns, metralladoras e mísiles, teñen unha gran velocidade de fogo e de puntería. Os canóns antiaéreos xurdiron durante a Primeira Guerra Mundial; na Segunda Guerra Mundial introducíronse as metralladoras antiaéreas e utilizouse o radar para seguir a traxectoria do obxectivo. En alturas superiores aos 6.000 m o bloqueo dos avións inimigos encoméndase á propia aviación ou en último termo, aos mísiles terra-aire do tipo Nike Hercules (EE UU). Por debaixo desta altura utilízanse mísiles como o Patriot (EE UU). Na zona de combate que non chega ao teito dos 3.000 m actúan mísiles lixeiros, pero tamén os mísiles autoguiados por raios infravermellos que pode disparar un soldado dende un lanzador portátil.

    2. s m

      arma antiaérea.