Antígono Monóftalmos, o Cíclope ou o Torto
Antígono Monóftalmos, o Cíclope ou o Torto
Xeneral de Alexandre o Grande. Á morte deste, gobernou Frixia e outros territorios de Asia Menor. Baixo a rexencia de Antípater, foi nomeado xeneral dos exércitos de Asia e loitou contra Seleuco I, Rei de Babilonia, e unha coalición de xenerais. Ao rematar a guerra (311), Antígono dominou toda Asia Menor, Siria e unha boa parte de Mesopotamia. No ano 306 proclamouse, xunto co seu fillo Demetrio, “Rei”. Foi vencido en Isios, cidade de Frixia.
Cronología
-
Deceso