antraceno

antraceno

(< gr ἄνϴραξ ‘carbón’ + -eno)

  1. s m [QUÍM]

    Hidrocarburo aromático tricíclico que ten unha molécula que forma tres aneis bencénicos coplanares. Obtense na destilación de alcatrán de hulla. Cando é puro presenta unha fluorescencia azul característica. Serve como primeira materia na fabricación de alitzarina e de moitos outros colorantes.

  2. aceite de antraceno [QUÍM]

    Fracción, a menos volátil, da destilación do alcatrán de hulla, empregada como preservativo da madeira. Da súa destilación obtéñense diversos hidrocarburos aromáticos como pode ser o antraceno.

Palabras veciñas

antóxeno -na | antozoo | antra- | antraceno | antrácico -ca | antracita | antracítico -ca