atimia
atimia
(< gr ἀϴυμία ‘inquietude’)
-
s
f
[HIST/DER]
Na Grecia antiga, acto polo cal era posto fóra da lei o cidadán culpable de determinadas infraccións do dereito público (alta traición, asasinato, corrupción de maxistrados, débedas ao fisco, falsa acusación, etc) que o privaban dos seus dereitos cívicos fundamentais. Correspóndese coa capitis diminutio romana.
-
s
f
[PAT]
Ausencia do timo.
-
s
f
[PSIC]
Diminución ou desaparición da afectividade.