Auriabella
Auriabella
Publicación aparecida en Ourense en 1903 que non tivo continuación. Fundada por Xoán Fernández, Alexandre Cerecedo e Xerardo Álvarez Limeses, o seu director, contou coa colaboración de: Alfonso Carballo, X. Neira, Eduardo Vicenti, Emilia Pardo Bazán e Basilio Álvarez, entre outros. Informaba sobre as festas do Corpus dese ano e contiña poemas, artigos de historia, ciencia e literatura, e datos sobre as cidades de Vigo e Ourense. Incluía tamén fotografías de Pacheco (Ourense) e Ferrer (A Coruña), xunto a debuxos de Taxes e Pérez Maffei.