avivar

avivar

(< vivo)

  1. v t

    Facer máis viva ou intensa algunha cousa.

    Ex: O orballo da noite aviva as plantas.

    Antónimos: esmorecer. Confrontacións: activar, avivecer, aviventar, espelir, estimular, reanimar, reavivar, revitalizar.
  2. v t

    Conseguir que o lume que se está apagando arda con máis forza.

    Ex: Avivamos o lume para queimar eses restrollos que quedaban aí.

    Sinónimos: atizar, escallar.
  3. v t

    Poñer en funcionamento algunha cousa ou facer que vaia con máis présa.

    Ex: O cabo mandoulle avivar a marcha para chegar antes da noite.

  4. v t

    Facer máis enxeñoso o espírito ou a intelixencia.

    Ex: A necesidade aviva o enxeño.

  5. v pron

    Tornarse máis activo ou máis vivo.

    Ex: Avivouse o seu ánimo ó saber que ía ter un neno.

  6. v pron

    Arder con máis forza algunha cousa que se estaba apagando.

    Ex: Aviváronse as lapas do incendio.

Palabras veciñas

avivado -da | avivador -ra | avivamento | avivar | avivaxe | avivecer | avivecido -da
Conxugar
VERBO avivar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avivo
avivas
aviva
avivamos
avivades
avivan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avivaba
avivabas
avivaba
avivabamos
avivabades
avivaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avivei
avivaches
avivou
avivamos
avivastes
avivaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avivara
avivaras
avivara
avivaramos
avivarades
avivaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avivarei
avivarás
avivará
avivaremos
avivaredes
avivarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avivaría
avivarías
avivaría
avivariamos
avivariades
avivarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avive
avives
avive
avivemos
avivedes
aviven
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avivase
avivases
avivase
avivasemos
avivasedes
avivasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avivar
avivares
avivar
avivarmos
avivardes
avivaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
aviva
-
-
avivade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avivar
avivares
avivar
avivarmos
avivardes
avivaren
Xerundio avivando
Participio avivado
avivada
avivados
avivadas