balcánico -ca
(< topónimo Balcáns)
-
adx
Relativo ou pertencente aos Balcáns ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante dos Balcáns.
-
linguas balcánicas
[LING]
Conxunto de linguas que comprende esencialmente o grego moderno, o romanés, o búlgaro e o albanés. Estas linguas faladas nos Balcáns pertencen (agás o turco, introducido a partir do s XIV) á familia indoeuropea: antigamente o tracio, o ilirio, o dacio, o epirota, o grego antigo e o macedonio antigo, entre outros. Actualmente, o búlgaro, o macedonio, o serbocroata e o esloveno (eslavos), o romanés (románico) e o albanés e o grego, de difícil filiación. Segundo a evolución histórica e cultural empregouse o alfabeto cirílico (búlgaro, macedonio e serbocroata por parte dos falantes de tradición ortodoxa) ou o latino (esloveno, romanés e serbocroata, de falantes de tradición católica, e tamén no turco, que substituíu ao árabe no s XX, e no albanés moderno); o grego moderno conservou o seu propio alfabeto. A pesar da súa diversidade, existen conexións profundas entre as diversas linguas balcánicas. O feito lingüístico representado polas afinidades entre estas linguas ten un interese teórico moi alto posto que, aínda que son linguas orixinariamente pertencentes a ramas diferentes do indoeuropeo, teñen en común un certo número de características estruturais notables, que só poden ser o resultado da difusión e asociación.