Baldomir, Pazo de
Baldomir, Pazo de
Situado na parroquia de Guísamo (Bergondo). Foi fundado polo rexedor perpetuo de Santiago Diego de Ribera Taibo sobre unha casa preexistente da súa propiedade, a construción inicial correu de man do arquitecto Benito de Monteagudo (1702). De planta cadrada, foi reformado posteriormente pois a fachada actual é de estilo neoclásico, presentando dous arcos a regra de cantería e ventás con balcón no primeiro andar. No lado leste existe unha pequena capela coa súa espadana barroca. No escudo da fachada vense as armas dos Ribera, Soutomaior, de la Torre, Caamaño, Leis, Taibo e Ponte. Incendiado hai uns anos, hoxe en día atópase en estado ruinoso.