Baldomir Rodríguez, Xosé
Compositor pertencente ao chamado nacionalismo musical galego. Digno representante da música romántica galega, é coñecido fundamentalmente polas súas pezas para canto e piano inspiradas en textos de poetas galegos. Foi director de orfeóns (El Eco e El Brigantino) e de diferentes orquestras coruñesas. En 1941 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega. Colaborou en traballos folclóricos como a recollida de temas populares galegos para os Cantos y bailes populares de España, de José Inzenga, e para o Cancionero musical popular español, de Felipe Pedrell. Foi autor da ópera inédita A Virxe do Cristal (baseada na lenda de Curros), da zarzuela Santos e Meigas (con libreto de Manuel Linares Rivas) e de obras instrumentais e, de preto de 40 cancións estilo lied (aínda que interpretadas tamén en versión coral). Así mesmo, as composicións que obtiveron máis sona foron Cómo foi?, con texto de Curros Enríquez, Maio longo, con texto rosaliano e Meus amores, sobre un poema de Salvador Golpe.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso