Balea
Balea
-
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun alcume, que posiblemente faría referencia á gordura da persoa a quen se aplicaba. Documéntase xa no s XV: “Afonso Valea” (doc ano 1442 en C. de Azevedo Maia História do galego-português. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, p 109).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe oriúnda de Santa Marta de Ortigueira. Relacionados con esta caste están tamén os apelidos Balo, Baleira, Baleiro, Baleeira, Baleeiro, Baleato e Baleote. As súas armas levan, sobre ondas de azul e prata, unha balea.