1 balear

1 balear

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás Illes Balears ou aos seus habitantes. SIN: baleárico.

  2. s

    Natural ou habitante das Illes Balears. SIN: baleárico.

  3. s [HIST]

    Pobo establecido nas illas de Mallorca e Menorca antes da chegada dos romanos, que perdurou, mesturado en maior ou menor medida cos novos habitantes, durante toda a Antigüidade. Foron chamados polos gregos γυμνηται ‘os que van espidos’. De orixe incerta, eran descendentes da poboación prehistórica das illas, de base étnica difícil de precisar sobre a que influíron elementos procedentes das restantes illas do Mediterráneo. A cultura dos baleares tense denominado cultura dos talaiots, desenvolvida grazas a importacións cartaxinesas, helenísticas e romanas. Os baleares vivían en poboados rudimentarios e o seu ritual funerario baseábase na inhumación, principalmente en covas. Na Antigüidade tiveron gran sona pola súa habilidade no uso da funda e formaron parte das tropas máis escollidas do exército cartaxinés nas Guerras de Sicilia e durante a Segunda Guerra Púnica.

  4. s m [LING]

    Denominación moderna aplicada ao conxunto do catalán insular, integrado polos dialectos mallorquino, menorquino e ibicenco.

  5. dereito balear [DER]

    Dereito especial vixente nas Illes Balears recollido na Compilació del dret civil especial de Balears, aprobada por lei en 1991. As institucións de dereito civil da Compilació derivan do antigo dereito propio das Illes (dereito mallorquino, menorquino e ibicenco) e afectan principalmente ao réxime económico matrimonial, á sucesión testada e contractual e a algunhas peculiaridades en materia de dereitos reais, como por exemplo o censo e o alodio.

  6. raza balear [GAN]

    Raza porcina de perfil lixeiramente cóncavo, cacheira voluminosa, fociño grande e orellas amplas, caídas e moi curtas. A súa pel e o seu pelo son de cor negra. Está considerada unha das mellores razas do Mediterráneo.