balearización

balearización

(

s f [XEOG]

Proceso de degradación dos espacios litorais por mor dunha acción antrópica irracional exercida sobre eles. Caracterízase especialmente por unha edificación masiva que, entre outras repercusións, altera as dinámicas naturais de alimentación das praias (eólicas e mariñas, principalmente) e, como consecuencia do incremento exponencial da poboación, provoca graves problemas de xestión dos residuos e das augas. Toma o nome das Illes Balears, afectadas dende a década de 1960 por un crecemento incontrolado da construción vinculado ao desenvolvemento do sector turístico. As paisaxes afectadas de balearización mostran a carón das praias torres de apartamentos e portos deportivos, formando un continuo urbano ao longo da costa.

Palabras veciñas

Baleárica | Balearica | baleárico -ca | balearización | Balears, Illes | Balears, Illes | Baleas e baleas