Balears, Illes
Balears, Illes
Provincia española que comprende a totalidade do arquipélago das Balears e que constitúe unha comunidade autónoma (5.014 km2; 760.379 h [1996]). A súa capital é Palma de Mallorca. Está dividida en 5 partidos xudiciais e 65 municipios. En setembro de 1996 a provincia pasou a denominarse oficialmente Illes Balears.